Cousas da Galiza
17 meneos
141 clics
Unha investigación alerta sobre o eucalipto máis común na Galiza "xera auténticos desertos"

Unha investigación alerta sobre o eucalipto máis común na Galiza "xera auténticos desertos"

Investigadores de diversos países participaron no estudo publicado na revista ‘Global Ecology and Biogeography’ e que se centra no eucalyptus globulus, moi presente na Galiza. Daniel Montesinos, do Centro de Ecoloxía Funcional da Facultade de Ciencias e Tecnoloxía da Universidade de Coímbra ( FCTUC) é un dos participantes na investigación, na que tamén tomaron parte estudosos da Australia, Chile, dos EUA e da India.
Os especialistas avaliaron a biodiversidade vexetal presente en eucaliptais da especie 'Eucalyptus globulus', tanto na súa área nativa, Australia, como en todo o mundo onde foi "introducido de forma industrial, incluíndo Portugal". Na Galiza, esta especie representa máis de 90% do eucalipto que hai no noso territorio. "As sustancias químicas presentes nas súas follas impiden o crecemento das raíces doutras especies nativas, motivo polo cal os eucaliptais conteñen moi pouca biodiversidade fóra da súa área nativa, na Australia", explica Montesinos.

| etiquetas: fctuc , geb , axencia lusa , ecosistemas
10 7 0 K 36
10 7 0 K 36

menéame